Manual do profesorado galego

59 CRITERIOS DE PERDA DO DESTINO DEFINITIVO En que norma se establecen os criterios de perda do destino definitivo? Nos artigos 3 e 4 e na disposición transitoria do Decreto 140/2006, do 31 de agosto. Aplícase a mesma norma para a perda provisional e a definitiva do destino que se viña desempeñando? Si. Cal é o primeiro criterio que se aplica para determinar entre o persoal docente que ocupa praza na mesma especialidade quen é o afectado por unha circunstancia que implica a perda provisional ou definitiva do destino definitivo que se viña desempeñando? A voluntariedade. Se ningunha persoa optase voluntariamente polo cesamento no corpo de mestres, que criterios se aplicarían sucesivamente? •  Menor antigüidade ininterrompida, como definitivo, no centro. •  Menor tempo de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira do corpo de mestres. •  Ano máis recente de ingreso no corpo. •  A menor existencia de cargas familiares, nomeadamente, menores de 6 anos e persoas con discapacidades severas. •  Menor puntuación obtida no procedemento selectivo de seu ingreso no corpo. Unha persoa tivo destino definitivo no centro A durante 4 anos. Suprimida en A, obtivo destino definitivo en B, no que leva 5 anos definitiva. Para os efectos da perda de destino definitivo en B, cantos anos de antigüidade se lle computarían en B? 9 anos. No corpo de mestres, se o número de solicitudes de cesamento nunha especialidade fose maior que o de mestres que deban cesar, cales serían os criterios para optar? •  Maior antigüidade ininterrompida con destino definitivo no centro. •  Maior número de anos de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira do corpo de mestres. •  Promoción de ingreso máis antiga. •  A maior existencia de cargas familiares, nomeadamente, menores de 6 anos e persoas con discapacidades severas. •  Maior puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso ao corpo.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=