Manual do profesorado galego

58 Cando a solicitude se realice con posterioridade ao remate do prazo establecido na correspondente convocatoria, de que data serán os efectos das resolucións estimatorias? Da data de solicitude que efectúe a persoa interesada. Se unha vez realizada a solicitude de integración no corpo de profesores de ensino secundario, a persoa do corpo en extinción de profesores técnicos de formación profesional cambia de destino definitivo, que Administración resolverá o expediente? A Administración que recibiu a solicitude. O persoal funcionario de carreira do corpo en extinción de profesores técnicos de formación profesional, poderá acadar unha nova especialidade dentro deste corpo? Non. Segundo a nova redacción que se propón do artigo 54.1 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, a resposta é negativa. Non volverán convocarse procedementos selectivos para o ingreso neste corpo. Haberaos para ingresar no corpo de profesores especialistas de sectores singulares da formación profesional. Que titulacións se pretenden declarar equivalentes para os efectos de docencia no corpo de profesores de ensino secundario? No Real decreto 800/2022 polo que se regulará o procedemento de integración modi- fícase a disposición adicional única.1 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, que quedaría coa seguinte redacción: “Titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia para ingreso en determinados corpos: 1. Para o ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, para as especialidades que se detallan no anexo V deste regulamento, poderán ser admitidos os que, aínda carecendo da titulación esixida con carácter xeral, estean en posesión dalgunha titulación de diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica. Para ingresar no novo corpo de profesores especialistas de sectores singulares da formación profesional, que titulacións se declaran equivalentes para os efectos de docencia? No Real decreto 800/2022 polo que se regulará o procedemento de integración modi- fícase tamén a disposición adicional única.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, que establecería as seguintes: •  As de técnico superior da familia profesional ou familias profesionais para cuxas titulacións teña atribución docente a especialidade pola que se concursa. •  Os títulos declarados equivalentes a técnico superior para os efectos académicos e profesionais serán tamén equivalentes para efectos de docencia.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=