Manual do profesorado galego

4 Sobre esta publicación de preguntas e respostas é nece- sario resaltar que non teñen por que ser asumidas por cada interesado ou interesada. Algunhas respostas están baseadas en xurisprudencia consolidada, outras en infor- mes xurídicos solicitados e emitidos e outras moitas na interpretación que das normas vén facendo a Conselle- ría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Uni- versidades. Cómpre dicir que estas interpretacións non vinculan nin sequera a propia Administración educativa, que poderá modificalas, nin as persoas interesadas en cada procedemento, que poderán discrepar a través dos medios legais establecidos, e, basicamente, coa interpo- sición dos recursos administrativos ou contencioso-admi- nistrativos que procedan. Por último, quero volver a aproveitar esta oportunidade que se me brinda para agradecerlle ao persoal da Sub- dirección Xeral de Recursos Humanos o entusiasmo e ilusión cos que desempeñan o seu labor, sempre coa fina- lidade de tratar de conseguir un funcionamento o máis eficaz posible. Santiago de Compostela, outubro de 2022 José Luis Canosa Baldomir

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=