Manual do profesorado galego

57 A presentación da solicitude de integración deberá realizarse: De forma telemática, de acordo co previsto no artigo 14.2.e) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Como poderá acreditarse que se posúe a titulación esixida para a integración? O Real decreto 800/2022 polo que se regulará o procedemento de integración esta- blece o seguinte: •  Copia do título académico ou, se é o caso, autorización expresa á Administración convocante para a consulta do Rexistro Nacional de Títulos Universitarios Oficiais. •  Certificación académica que acredite a realización de todos os estudos necesarios para a obtención do título, acompañada do resgardo de pagamento das taxas de expedición deste. Naqueles casos en que a documentación referida nos apartados anteriores se atope en poder da administración convocante, o persoal solicitante quedará eximido da presentación da devandita documentación. Se as persoas que solicitan a integración no corpo de profesores de ensino secun- dario non tivesen a titulación esixida o 19 de xaneiro de 2021, con que efectos se integrarán no corpo? Nestes casos, de acordo co Real decreto 800/2022 polo que se regulará o procede- mento de integración, os efectos das correspondentes resolucións estimatorias retro- traeranse exclusivamente ao momento en que se cumprisen as condicións esixidas no apartado primeiro do artigo 3 do proxecto. Para estes casos, entenderase como data de cumprimento das condicións relativas á titulación a da solicitude de expedición dos títulos académicos referidos no citado apartado primeiro do artigo 3. As persas que non realicen a solicitude no prazo da convocatoria poderán realizala posteriormente? Si. O artigo 8.1 do Real decreto 800/2022 polo que se regulará o procedemento de integración establece que o profesorado do corpo en extinción de profesores técnicos de formación profesional que reunise os requisitos establecidos na disposición adicio- nal décimo primeira da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, con posterioridade á finalización do prazo establecido na convocatoria a que se fai referencia no artigo 4, ou ben non solicitase a integración dentro de devandito prazo, poderá solicitalo con posterioridade na Administración educativa que lle corresponda. Remata nalgún momento a posibilidade de solicitar a integración no corpo de profe- sores de ensino secundario? Si. No prazo de cinco anos a partir da entrada en vigor da LOMLOE. Así o establece a disposición adicional décimo primeira da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (redacción modifi- cada pola Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo). Polo tanto, ata o 19 de xaneiro de 2026.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=