Manual do profesorado galego

54 De conformidade coa nova normativa, poderá seguir habendo persoal experto que imparta docencia en formación profesional? Si. Na nova redacción do artigo 95 da LOE dada pola Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, establécese: “2. Excepcionalmente, para a impartición de módulos profesionais en determinadas especialidades, poderanse incorporar, como expertos do sector produtivo, atendendo a súa cualificación e ás necesidades do sistema educativo, profesionais, non necesa- riamente titulados, que desenvolvan a súa actividade no ámbito laboral. Esta incorpora- ción realizarase no réxime laboral, de acordo coa normativa que resulte de aplicación”. Que lei crea o novo corpo de profesores especialistas de sectores singulares da for- mación profesional? A Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional. Este novo corpo desempeñará as mesmas funcións que o corpo de pro- fesores técnicos de formación profesional, é dicir, desempeñará as súas funcións na formación profesional e, excepcionalmente, nas condicións que se establezan, na educación secundaria obrigatoria. Cales son as especialidades do novo corpo de profesores especialistas de sectores singulares da formación profesional? Recóllense na disposición adicional quinta da Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo. Son as seguintes: – Cociña e Pastelaría – Estética – Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble – Mantemento de Vehículos – Mecanizado e Mantemento de Máquinas – Patronaxe e Confección – Peiteado – Produción en Artes Gráficas – Servizos de Restauración – Soldadura Todo o persoal funcionario de carreira do corpo de profesores técnicos de formación profesional, das especialidades que se integran no corpo de profesores de ensino secundario, se integra neste corpo? Non. De conformidade co punto 1 da disposición adicional décimo primeira da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (redacción modificada pola Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo), “integrase no corpo de profesores de ensino secundario o profesorado en extinción do corpo de profesores técnicos de formación profesional que, no momento de entrada en vigor da LOMLOE ou no prazo establecido no apartado segundo da pre-

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=