Manual do profesorado galego

52 Se o centro durante o primeiro ano foi de categoría A e os tres seguintes de categoría B, cal será a consolidación? De categoría A. Cando exista cambio de categoría do centro, consolídase sempre o complemento correspondente á maior categoría. Pode solicitarse intercambios das porcentaxes? Cando teñamos consolidado, si. Por exemplo, se temos consolidado un 25 % de cate- goría C e un 15 % de categoría A, podemos solicitar o intercambio, de tal xeito que se nos retribúa un 25 % da consolidación de categoría A e un 15 % da categoría C. Podemos renunciar a unha porcentaxe consolidada? Si. Isto interesaranos cando teñamos xa o 60 % consolidado e esteamos exercendo a dirección dun centro de categoría superior ás que teñamos consolidado. De conformidade coa Orde do 18 de febreiro de 2015, aquelas persoas que non dese- xen prorrogar o mandato da dirección en que prazo deberán efectuar a solicitude de consolidación parcial do complemento específico da dirección? No prazo dos tres primeiros meses do ano no que rematan o mandato. Aquelas persoas que cesen na dirección con anterioridade á data prevista no nomea- mento en que prazo deberán efectuar a solicitude de consolidación parcial do com- plemento específico da dirección? No prazo de tres meses contados desde o día seguinte á efectividade do cesamento. Se non solicitamos a consolidación parcial do complemento no prazo establecido, perderiamos definitivamente o dereito a consolidar? Non. A interpretación da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos é que a solicitude formulada fóra do prazo establecido unicamente implica que o dereito a percibir este complemento terá efectividade económica desde a data da solicitude, logo do recoñecemento da avaliación positiva.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=