Manual do profesorado galego

51 CONSOLIDACIÓN PARCIAL DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO POLO EXERCICIO DA DIRECCIÓN DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS En que norma de rango legal se regula a consolidación parcial do complemento espe- cífico polo exercicio da dirección dos centros docentes públicos? No artigo 139.4 da LOE que establece que “os directores dos centros públicos que exercen o seu cargo con valoración positiva durante o período de tempo que cada Administración educativa determine manterán, mentres permanezan en situación de activo, a percepción dunha parte do complemento retributivo correspondente na proporción, condicións e requisitos que determinen as administracións educativas”. A consolidación precisa unha previa avaliación previa positiva do exercicio da direc- ción. Cando se considera de forma automática que existe unha avaliación positiva? Cando se superen os catro anos de mandato. Para os efectos da consolidación do complemento retributivo correspondente á direc- ción, computarase como un ano o desempeño da dirección por un período de: Polo menos, nove meses durante un mesmo curso académico. O complemento específico correspondente á consolidación parcial polo exercicio da dirección será incompatible: De acordo coa disposición adicional novena do proxecto de decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na LOE, “coa percepción da compoñente singu- lar do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno e co desempeño de posto de traballo docentes singulares que teñan asignada unha contía superior á establecida para as xefaturas de departamento”. Esta consolidación ten repercusión para a xubilación? Non. Cales son actualmente as porcentaxes de consolidación? – Primeiros 4 anos: 25 % – Segundos 4 anos: 15 % – Terceiros 4 anos: 20 % – O total acumulado non poderá exceder do 60 %

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=