Manual do profesorado galego

49 Poderá formar parte dos tribunais persoal funcionario de carreira de corpos non docentes? Non. O artigo 7.1 do Real decreto 276/2007 establece que os membros dos tribunais serán funcionarios de carreira en activo dos corpos de funcionarios docentes. As administracións educativas poderían establecer que un determinado número dos membros do tribunais pertenza aos corpos de catedráticos? Si. O artigo 7.5 do Real decreto 276/2007 establece: que “para a formación dos tribunais correspondentes aos corpos de profesores de ensino secundario, pro- fesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores de artes plásticas e deseño, as convocatorias poderán establecer cun determinado porcentaxe dos seus membros pertenzan aos correspondentes corpos de catedráticos”. A baremación dos méritos da fase de concurso é unha competencia dos tribunais? Si. Así o establece o artigo 6.2.b) do Real decreto 276/2007. O artigo 6.5 prevé que “as convocatorias poderán determinar que se encomende a outros órganos da Admi- nistración distintos dos tribunais, comisións de selección ou órganos equivalentes, quenes realizarán, por delegación destes, as tarefas de aplicación dos baremos de méritos, achegando a estes unha vez rematada a fase de oposición, os resultados da súa actuación”. Para reunir o requisito de titulación é preciso ter pagados os dereitos de expedición do título ou é suficiente con ter superadas todas as materias que configuran o plan de estudos? É preciso posuír o título ou ter satisfeitos os dereitos de expedición deste. O título de profesor expedido ao amparo do Real decreto 2618/1966, do 10 de setem- bro, habilita para presentarse ao concurso-oposición para ingreso no corpo de profe- sores de ensino secundario, na especialidade de Música? Non. No anexo V do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, non hai ningunha titulación declarada equivalente para a especialidade de Música, polo que é preciso estar en posesión dunha titulación de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arqui- tectura ou grao. Non obstante, debe terse en conta que o título de profesor superior do plan do ano 1966, o título de grao superior do plan de estudos LOXSE e LOE son equivalentes á licenciatura.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=