Manual do profesorado galego

48 A experiencia docente na universidade, ou na educación primaria, ou nas ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño equivale a formación pedagóxica e didáctica para ingre- sar no corpo de profesores de ensino secundario? Non. De conformidade coa resposta anterior, a experiencia ten que ser nos niveis e ensinanzas cuxas especialidades docentes se regulan no Real decreto 1834/2008. Neste real decreto establécense as especialidades dos corpos docentes de ensinanza secundaria. No apartado 1.1 do baremo do concurso-oposición regulado polo Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, baremase a experiencia docente unicamente na espe- cialidade á que se opta? Non. O Real decreto 276/2007 establece unha puntuación de 1,000 puntos por cada ano de experiencia docente en especialidades do corpo ao que opta o persoal aspi- rante. Polo tanto, tense en conta a experiencia docente en todas as especialidades do corpo ao que opta a persoa aspirante, en centros públicos dependentes das admi- nistracións educativas. Se unha persoa ten unha experiencia docente de, por exemplo, 2 anos, 4 meses e 29 días, que valoración teñen na fase de concurso eses 29 días? Ningunha. O Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, prevé que as convocatorias establecerán a puntuación correspondente a cada mes/fracción de ano de maneira proporcional á valoración total asignada a cada subepígrafe, pero non unha valoración do resto dos días. Nesta fase de concurso poden valorarse unha experiencia docente superior a cinco anos se se fai en distintas subepígrafes? Non. No anexo I do Real decreto 276/2007 recóllese que “para os efectos deste apartado se terá en conta un máximo de cinco anos, cada un dos cales deberá ser valorada unha soa das subepígrafes". A experiencia docente no mesmo nivel ou etapa educativa que o impartido no corpo ao que opta a persoa aspirante, en centros públicos non dependentes da Administra- ción educativa ou de centros privados, en que subepígrafe se barema? Na subepígrafe 1.3. Que experiencia docente se valora na subepígrafe 1.2? A experiencia docente en especialidades de distintos corpos ao que opta a persoa aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=