Manual do profesorado galego

3 PRÓLOGO Cando Julio Díaz Escolante me propuxo realizar unha actualización do Manual do profesorado galego aceptei rapidamente cunha condición: que nesta actualización participase tamén Mónica García Fernández. Mónica García Fernández vén desempeñando un labor encomiable na Subdirección Xeral de Recursos Humanos desde hai máis dunha década, cunha dedicación e un coñecemento moi profundo de toda a lexislación aplicable ao persoal docente, pilotando a transformación de proce- dementos ordinarios en procedementos electrónicos, que permiten unha modernización e unha evolución da aplica- ción das novas tecnoloxías na xestión. Resumindo, que Mónica García Fernández e eu traballá- semos, ao mesmo nivel de responsabilidade, na actuali- zación do Manual do profesorado galego supoñía para min unha enorme tranquilidade e unha garantía dun traballo final de maior calidade. O Manual actualízase nun momento no que se están a pro- ducir cambios importantes. A aprobación da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a declaración a extinguir do corpo de profesores técnicos de formación profesional, a creación do novo corpo de profesores espe- cialistas en sectores singulares da formación profesional, a integración do profesorado do corpo que se vai extinguir de profesores técnicos de formación profesional son cues- tións que se tratan neste manual, algunha delas condicio- nadas a que determinadas normas se terminen aprobando tal e como están nestes intres en tramitación. Tamén será moi importante para o persoal interino e para a xestión dos recursos humanos a adaptación que se poida realizar da normativa do persoal docente ao disposto no artigo 10, e na disposición adicional décimo sétima do texto refundido da Lei do estatuto básico do emprego público, segundo a redacción que lle deu a Lei 20/2021.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=