Manual do profesorado galego

47 O acceso do persoal docente do subgrupo A2 ao subgrupo A1 está limitado ao persoal dependente da Administración educativa convocante? Non. Unha persoa dependente dunha comunidade autónoma poderá presentarse para acceder ao subgrupo A1 nunha convocatoria realizada por outra comunidade autó- noma sempre que reúna os requisitos establecidos nesta. Estará obrigada a obter o primeiro destino definitivo na comunidade autónoma pola que accede. No acceso do persoal docente do subgrupo A2 ao subgrupo A1, está previsto unha reserva das prazas que se convoquen? A disposición adicional duodécima da LOE prevé a reserva dunha porcentaxe, sen especificar cal, nas convocatorias de ingreso nos corpos de profesores de ensino secundario e de profesores de Artes Plásticas e Deseño. O artigo 80.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece unha porcentaxe mínima do 25 por 100. Que antigüidade se require para participar nun procedemento selectivo de mobili- dade horizontal? Ningunha. A disposición adicional duodécima.5 da LOE establece que o persoal fun- cionario docente poderá acceder a un corpo do mesmo grupo e nivel de complemento de destino, sen limitación de antigüidade, sempre que posúan a titulación requirida e superen o correspondente proceso selectivo. O persoal funcionario de carreira docente pode presentarse ao concurso-oposición para ingresar no mesmo corpo noutra comunidade autónoma? Non. O artigo 12.1.e) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, establece como un dos requisitos: “non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento como persoal funcionario de carreira do mesmo corpo ao que se refira a convocatoria, agás que se concorra aos procedementos para a adqui- sición de novas especialidades a que se refire o título V deste regulamento”. A experiencia docente na educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional é equivalente á formación pedagóxica e didáctica para ingresar no corpo de profesores de ensino secundario? Si, sempre que se acrediten polo menos 12 meses de servizo con anterioridade ao 1 de outubro de 2009. A disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008 establece esta equiva- lencia para as persoas que acrediten que antes do remate do curso 2008/09 impar- tiron docencia durante dous cursos académicos completos ou, no seu defecto, 12 meses en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensinanza regrada debidamente autorizados, nos niveis e ensinanzas cuxas especia- lidades docentes se regulan no propio real decreto.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=