Manual do profesorado galego

45 Como se achega a documentación que se debe presentar unha vez publicadas no Diario Oficial de Galicia as persoas que superan o procedemento selectivo? Por medios electrónicos no procedemento ED001A mediante o trámite activado para estes efectos na carpetá cidadá. Unha persoa coa titulación de grao en Educación Infantil pode presentarse a unha especialidade de primaria? Si. Non obstante, se non supera o procedemento selectivo só poderá fomar parte das listas de interinidades e substitucións desa especialidade se aproba a primeira proba da fase de oposición. Unha persoa coa titulación de graduado en Educación Infantil ou graduado en Edu- cación Primaria pode presentarse ao concurso-oposición para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario? Si, sempre que acredite que posúe a formación pedagóxica e didáctica. A disposición adicional novena.2 da LOE establece que para o ingreso no corpo de profesores de ensino secundario será necesario posuír o título de grao universitario ou titulación equivalente para os efectos de docencia, ademais da formación pedagóxica e didác- tica á que se refire o artigo 100.2 desta lei. Unha persoa coa titulación de graduado en Educación Infantil ou graduado en Edu- cación Primaria pode presentarse ao concurso-oposición para acceder ao corpo de inspectores de educación? Non. A disposición adicional décima da LOE establece que “para acceder ao corpo de ins- pectores de educación é necesario pertencer a algúns dos corpos que integran a función pública docente con polo menos unha experiencia de oito anos nestes e posuír o título de doutor, máster universitario,licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título equivalente”. Para ingresar no corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas requirise a for- mación pedagóxica e didáctica? Non. O artigo 96 da LOE esixe acreditar a formación pedagóxica e didáctica para exercer a docencia das ensinanzas artísticas profesionais, pero non nas superiores. Para ingresar no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas a LOE esixe acre- ditar a formación pedagóxica e didáctica en todas as especialidades? Non. A disposición adicional novena.2 da LOE exclúe de posuír este requisito nas especialidades propias de Arte Dramática, precisamente porque imparten ensinanzas artísticas superiores.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=