Manual do profesorado galego

44 Como formulo a renuncia á participación no concurso específico? O persoal que participe no concurso específico poderá formular a renuncia á partici- pación ao concurso por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá no prazo establecido na convocatoria. A renuncia deberá realizarse tamén dentro dese mesmo prazo na páxina web do concurso (www.edu.xunta.gal/cxt) na folla habilitada para estes efectos. CONCURSO-OPOSICIÓN QUE SE DESENVOLVE POLO PROCEDEMENTO ORDINARIO. PREVISIBLEMENTE CONVOCATORIA DO ANO 2024. VIXENTE O REAL DECRETO 276/2007, DO 23 DE FEBREIRO. CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED001A. É obrigatorio presentar a solicitude electronicamente? Si, a orde de convocatoria deste procedemento establece que a solicitude de parti- cipación no procedemento selectivo se presentará por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ) no procedemento normali- zado ED001A. Como podo ter a seguridade de que a solicitude está correctamente presentada? Unha vez finalizada a presentación electrónica da solicitude, a sede electrónica per- mite a descarga dun recibo de presentación onde figura a data e a hora de presenta- ción, así como o número de rexistro de entrada da solicitude. Onde podo consultar as listaxes de persoas admitidas e excluídas? No portal da consellería competente en materia de educación: www.edu.xunta.gal . Ademais, é preciso que verifique que figura correctamente o apartado referido á exención da proba de lingua galega nesta listaxe de admisión e exclusión ao proce- demento selectivo. Onde se realizan as publicacións dos tribunais? Na páxina web www.edu.xuntagal/oposicions Na lapela Consultas públicas pódese seleccionar o tribunal ao que foi asignado cada persoa aspirante e consultar todas as publicacións realizadas.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=