Manual do profesorado galego

43 Se participo no concurso xeral de traslados e no de orientación e quero alegar novos méritos, teño que presentar dúas veces a solicitude de actualización e/ou modifica- ción do expediente persoal ED011A? Non. É suficiente con que se formule unha única solicitude de actualización e/ou modificación do expediente persoal no procedemento normalizado ED011A. Lembre que, como se especifica na pregunta anterior, se se presentan varias solicitu- des do mesmo procedemento, só se terá en conta a última presentada. Que persoal docente pode participar neste concurso? – O persoal funcionario de carreira e o persoal funcionario de prácticas do corpo de mestres que se atope nalgunha das situacións que se establecen na convocatoria. – O persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres participa con 0 puntos. Podo participar no concurso e obter adxudicación se non posúo a titulación de Peda- goxía, Psicoloxía ou Psicopedagoxía? Si, posuír estas titulacións supón un criterio preferente de adxudicación para o persoal participante, pero non impide a obtención de praza se existen vacantes suficientes. É o Master en Psicopedagoxía unha titulación que outorga preferencia? Non, xa que non é ningunha das titulacións que se establecen no Decreto 120/1998, do 23 de abril ( Diario Oficial de Galicia do 27 de abril) nin na convocatoria. Se participo no concurso de orientación e no xeral de traslados, podo obter destino nos dous? Non. A adxudicación definitiva dunha praza de orientación implica a exclusión de oficio da participacion no concurso xeral de traslados. A resulta que, de ser o caso, deixa a persoa participante no concurso de orientación incluirase para a adxudicación definitiva do concurso xeral de traslados. Se quero obter destino no concurso de traslados e non no de orientación, como debo proceder? Neste caso deberá renunciar ao concurso no prazo de reclamacións e renuncias establecido na convocatoria despois da publicación da resolución de adxudicación provisional deste concurso específico. Esta renuncia debe formularse aínda no caso de que non se obteña destino na adxu- dicación provisional, posto que, se obtén destino da resolución definitiva, xa non podería renunciar á praza adxudicada.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=