Manual do profesorado galego

42 CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO ENTRE PERSOAL FUNCIONARIO DOCENTE DO CORPO DE MESTRES PARA CUBRIR PRAZAS DE XEFATURA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED013A É obrigatorio presentar a solicitude electronicamente? Si. A orde de convocatoria deste procedemento establece que a solicitude de par- ticipación no concurso específico se presentará por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ) no procedemento normali- zado ED013A. Teño que presentar algunha documentación? Non, a convocatoria non permite presentar documentación neste procedemento. Para o caso de que precise actualizar e/ou modificar o seu expediente persoal para que se baremen estes méritos no concurso específico debe achegar esta documen- tación coa solicitude do procedemento normalizado ED011A. Polo tanto, terá que presentar na sede electrónica dúas solicitudes: a) solicitude de concurso específico ED013A (sen achegar ningunha documentación adicional á solicitude) b) solicitude de actualización e/ou modificación do expediente persoal (achegará con esta solicitude toda a documentación xustificativa dos méritos que alegue e/ ou modifique). Teño que presentar o baremo que se xera xunto coa solicitude do concurso de traslados? Non, só é preciso a presentación electrónica da solicitude de participación no con- curso de traslados. Presentei a solicitude de actualización e/ou modificación do meu expediente persoal mediante o procedemento normalizado ED011A e decateime de que non aleguei un mérito. Como podo solucionalo? Neste caso deberá proceder a formular unha nova solicitude ED011A, pero deberá realizar unha copia da última solicitude presentada (esta opción está dispoñible na aplicación web). Unha vez copiada a última solicitude, pode alegar o novo mérito e achegar a docu- mentación xustificativa. A convocatoria establece que só se terá en conta a última solicitude presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia, de xeito que, se presenta dúas solicitudes con dife- rentes méritos, só se empregaría para a baremación do concurso a última presentada.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=