Manual do profesorado galego

40 O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres ou do corpo para extinguir de profesores técnicos de formación profesional, ou do corpo de profesores especialis- tas de sectores singulares da formación profesional que accedese ao corpo de profe- sores de ensino secundario, se pide a excedencia no corpo de profesores de ensino secundario, pode participar no concurso de traslados por este corpo? Si. Pode participar no concurso de traslados desde a situación de excedencia por prestación de servizos no sector público. No caso anterior, e para os efectos do concurso de traslados, cales son as vantaxes e os inconvenientes de pedir a excedencia no corpo de profesores de ensino secundario? As vantaxes son que, despois do primeiro concurso, se participa con puntuación e non con cero puntos. O inconveniente máis importante é que, por cada ano en excedencia voluntaria no corpo de profesores de ensino secundario, acumularemos unha puntuación de 0,75 por servizos prestados noutros corpos de subgrupo inferior, mentres que o persoal que estea na situación de servizo activo acumulará 2 puntos. Unha persoa funcionaria de carreira docente estivo cinco anos de provisional. Obtivo praza definitiva no centro A, no que estivo sete anos. Posteriormente trasladouse a B, no que leva catro anos. É suprimida neste centro. Con cantos anos de permanencia ininterrompida participará no concurso de traslados? Considérase centro desde o que participa o último servido con carácter definitivo, aos que se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera centro. Asemade, acumularanse ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter definitivo no centro inmediatamente anterior ao último ser- vido con carácter definitivo. Polo tanto, haberá que acumular os sete anos que estivo no centro A máis os catro do centro B, en total 11 anos de permanencia ininterrompida para os efectos do concurso de traslados. No caso anterior, acumulará a puntuación por cada ano de provisional con carácter previo á obtención do seu primeiro destino definitivo? Non. O Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, establece que o persoal que participe con carácter voluntario desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso, á puntuación correspondente á subepígrafe 1.1.1 sumaráselle a obtida polo subapartado 1.1.2. Unha vez obtido un novo destino non poderá acumularse esta puntuación. A persoa do suposto foi suprimida no seu segundo destino definitivo. Se, demais, a persoa funcionaria do suposto anterior, posteriormente á supresión, levase tres anos con destino provisional, con que puntuación participará no concurso de traslados no apartado de permanencia ininterrompida? Coa correspondente a 14 anos de permanencia ininterrompida.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=