Manual do profesorado galego

38 O profesorado desprazado por falta de horario pode renunciar á participación no concurso de traslados? Si, o que exerza o dereito preferente. Poderá renunciar nas catro primeiras convocatorias desde que se produciu a perda do destino, mantendo o dereito preferente a obter destino no centro, localidade ou zona educativa. O persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres ten dereito preferente no concurso de traslados pola adquisición dunha nova especialidade? Non. Este dereito está limitado ao persoal dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario e, no futuro, ao corpo de profesores especialistas de sectores singula- res da formación profesional. Artigo 16.1.d) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro. Que prazas non se adxudicarán de oficio no concurso de traslados? As bilingües, agás que o persoal concursante así o solicite na adxudicación de oficio, e as itinerantes. Para estes efectos, non se consideran itinerantes as prazas correspondentes aos colexios rurais agrupados das especialidades de Educación Primaria e Infantil do corpo de mestres. En que situacións hai un dereito preferente a localidade e non hai dereito preferente a centro? •  Por pasar a desempeñar outro posto na Administración pública, con perda da praza docente que se desempeñaba con carácter definitivo. •  Por reincorporación á docencia en España, por finalización da adscrición en postos ou prazas no exterior. •  En virtude de execución de sentenza ou resolución de recurso administrativo. •  Por rehabilitación para o servizo activo despois de xubilación por incapacidade permanente. O dereito de concorrencia a cantas provincias poderá realizarse? A unha. O artigo 18.2.a) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, establece que “as persoas participantes incluirán nas súas peticións centros dunha soa provincia, a mesma para cada grupo de concorrencia”. Que número de persoas poden participar en cada grupo de concorrencia? Como máximo, catro.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=