Manual do profesorado galego

36 O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres con destino definitivo no pri- meiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria, en especialidades dis- tintas a Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, poderá participar no concurso de traslados a prazas de educación infantil e primaria? Si. No suposto anterior, se a persoa obtén unha praza nun centro de educación infantil e primaria, poderá volver participar no concurso de traslados para obter unha praza do primeiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria? Non. No suposto de persoal docente do corpo de mestres que resulte suprimido nun posto do primeiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria, poderá seguir optando no concurso de traslados a obter un novo destino neses postos? Si. Disposición transitoria primeira.2 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro. Unha persoa funcionaria docente en situación de excedencia voluntaria por interese particular concedida pola consellería poderá participar no concurso de traslados para reingresar ao servizo activo? Si, se ao finalizar o curso escolar no que se realicen as convocatorias transcorrese un ano desde que pasou a situación de excedencia voluntaria por interese particular e dous anos desde que obtivo o destino definitivo no que lle foi concedida a exce- dencia. Unha persoa que, procedente da situación de excedencia voluntaria por interese par- ticular, reingresase ao servizo activo con destino provisional está obrigada a partici- par no concurso de traslados? Si. No suposto anterior, se non participase no concurso, adxudicaráselle destino de oficio ou declararáselle novamente na situación de excedencia voluntaria? Adxudicaráselle destino de oficio. O persoal docente do corpo de mestres que queira exercer o dereito preferente está obrigado a facelo a centro? Non. Está obrigado a facelo á localidade na que estaba situado o seu centro de destino definitivo.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=