Manual do profesorado galego

35 O persoal funcionario docente con destino definitivo noutra comunidade autónoma e con destino provisional, en comisión de servizos, na Comunidade Autónoma de Gali- cia, no concurso de ámbito estatal, poderá presentar a súa solicitude na Comunidade Autónoma de Galicia? Non. Terá que presentar a súa solicitude na comunidade autónoma na que ten destino definitivo. O persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, que sexa titular de máis dunha especialidade, se quere participar por todas as especiali- dades, terá que presentar unha solicitude por cada especialidade? Non. Aínda cando se concurse por máis dunha especialidade ou se soliciten prazas de diferentes administracións educativas, en todos os corpos, o persoal concursante presentará unha única solicitude. O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que supera o procedemento selectivo e accede ao corpo de profesores de ensino secundario, por promoción interna, está obrigado a participar no concurso de traslados por este corpo para obter unha praza deste? Non, non está obrigado. Pode participar voluntariamente e solicitar unicamente aque- las prazas que lle interesen. O persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, ou do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ou do corpo de profesores de artes plásticas e deseño, que accede ao corpo correspondente de catedráticos, perde a antigüidade de permanencia ininterrompida no centro? Non. E perdería puntuación pola antigüidade no corpo? Non. A puntuación na subepígrafe 1.2 valórase cada ano de servizos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario nalgún dos corpos a que corres- ponda a vacante. O persoal docente funcionario de carreira do corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, poderá no concurso de traslados solicitar prazas dos conservatorios supe- riores de música? Si. Para prazas que poidan ofertarse de nivel 24 e para impartir as materias propias do corpo de profesores de Música e Artes Escénicas.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=