Manual do profesorado galego

34 As funcionarias vítimas de violencia de xénero terán dereito ao traslado a outra praza ou posto propio do seu corpo, de análogas características? Si. Incluso sen necesidade de que sexa vacante de necesaria cobertura. A partir do 7 de outubro de 2022 tamén se establece o mesmo dereito para as fun- cionarias vítimas de violencia sexual de conformidade coa modificación do EBEP que realiza a disposición final 15.2 da Lei orgánica 10/2022, de 6 de setembro. Unha persoa en situación de servizos especiais, con reserva de praza, a que praza reingresará se a súa foi suprimida? Reingresará noutra praza con carácter provisional. No concurso de traslados, poderase establecer unha puntuación mínima para a obtención de destino definitivo en determinadas prazas? Non. Prohíbeo o artigo 9.2 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro. Que postos vacantes se ofertarán no concurso de traslados? Polo menos, os que se produzan ata o 31 de decembro do curso escolar no que se efectúe a convocatoria, así como aqueles que resulten do propio concurso sempre que, en calquera dos casos, a continuidade do seu funcionamento estea prevista na planificación educativa e en función dos criterios de estabilidade do profesorado nun mesmo centro que as administracións educativas poidan establecer (artigo 9.4 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro). Se unha persoa funcionaria de carreira do corpo de mestres participa no concurso desde a situación de excedencia polo corpo de profesores de ensino secundario, ofértase a súa resulta do corpo de mestres no concurso? Non. Ofértanse as resultas que se produzan na resolución do concurso en cada corpo polo que se concursa. Neste suposto obtén unha praza nun corpo distinto do de mestres. Na Comunidade Autónoma de Galicia, poderán ofertarse no concurso prazas nos centros integrados de formación profesional de especialidades do corpo de profeso- res de ensino secundario con competencia para impartir os módulos formativos de comunicación e sociedade e de ciencias aplicadas da formación profesional básica? Si. Así se establece na orde de convocatoria do concurso.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=