Manual do profesorado galego

33 Teño un curso realizado despois da entrada en vigor da Orde o 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia e no baremo figura con 0 puntos. Como podo solucionalo? Mediante o procedemento normalizado ED011A. No caso de que o curso non figure coa puntuación correspondente, deberá formular unha alegación na lapela de Formación recibida existente na solicitude de actualización e/ou modificación do expediente persoal e presentar electronicamente a devandita solicitude xunto co certificado acreditativo do curso na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para formular a alegación, debe acceder ao curso e incluír o certificado deste. Estou participando no concurso de traslados de ámbito estatal a prazas situadas no ámbito de xestión de Cataluña. Como achego a documentación xustificativa de posuír o requisito de coñecemento da lingua catalá? Mediante o procedemento normalizado ED011A. Deberá alegar este requisito na lapela de Linguas existente na solicitude de actuali- zación e/ou modificación do expediente persoal e presentar a devandita solicitude xunto co certificado acreditativo do coñecemento da lingua catalá na sede electrónica da Xunta de Galicia. Estou participando no concurso de traslados a prazas bilingües. Como achego a docu- mentación xustificativa de posuír o requisito? Mediante o procedemento normalizado ED011A. No caso de que o requisito non conste no seu expediente persoal, deberá formular unha alegación na lapela de Linguas existente na solicitude de actualización e/ou modificación do expediente persoal e presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto co certificado acreditativo do coñecemento da lingua correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia. Teño que presentar o baremo que se xera xunto coa solicitude do concurso de traslados? Non, só é preciso a presentación electrónica da solicitude de participación no con- curso de traslados. No concurso de traslados de ámbito estatal, se unha Administración educativa non vai a ofertar prazas, tería que convocar o concurso? Si, para permitir a participación do persoal funcionario do seu ámbito de xestión a prazas doutras administracións educativas e, se é o caso, se procede, a adxudicación daquelas que resulten do propio concurso. Así o establece a DA sexta.3 da LOE.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=