Manual do profesorado galego

32 CONCURSO XERAL DE TRASLADOS. CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED012A É obrigatorio presentar a solicitude electronicamente? Si, a orde de convocatoria deste procedemento establece que a solicitude de parti- cipación no concurso xeral de traslados se presentará por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal ) no procedemento nor- malizado ED012A. Teño que presentar algunha documentación? Non, a convocatoria non permite presentar documentación neste procedemento. Para o caso de que precise actualizar e/ou modificar o seu expediente persoal para que se baremen estes méritos no concurso de traslados, debe achegar esta docu- mentación coa solicitude do procedemento normalizado ED011A. Polo tanto, terá que presentar na sede electrónica dúas solicitudes: a) solicitude de concurso de traslados ED012A (sen achegar ningunha documenta- ción adicional á solicitude) b) solicitude de actualización e/ou modificación do expediente persoal (achegará con esta solicitude toda a documentación xustificativa dos méritos que alegue e/ ou modifique). Presentei a solicitude de actualización e/ou modificación do meu expediente persoal mediante o procedemento normalizado ED011A e decateime de que non aleguei un mérito. Como podo solucionalo? Neste caso deberá proceder a formular unha nova solicitude ED011A, pero deberá realizar unha copia da última solicitude presentada (esta opción está dispoñible na aplicación web). Unha vez copiada a última solicitude, pode alegar o novo mérito e achegar a docu- mentación xustificativa. A convocatoria establece que só se terá en conta a última solicitude presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia, de xeito que se presenta dúas solicitudes con dife- rentes méritos só se empregaría para a baremación do concurso a última presentada.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=