Manual do profesorado galego

31 O persoal funcionario de carreira que acceda a outro corpo do mesmo ou distinto subgrupo de clasificación está obrigado a participar en CADP? Non. Pode participar voluntariamente. O persoal funcionario de carreira en expectativa de destino que adquira unha nova especialidade no concurso-oposición pode participar en CADP ese ano por esa nova especialidade? Non. O profesorado do corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas con destino definitivo pode participar voluntariamente en CADP? Non . Si poden facelo os funcionarios de carreira con destino definitivo do corpo de profesores de Música e Artes Escénicas. O persoal docente interino ou substituto que obteña destino na resolución defini- tiva de CADP poderá acollerse ás renuncias establecidas no punto décimo cuarto da Resolución pola que se dá publicidade do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto? Non, agás causa sobrevida con posterioridade á adxudicación definitiva. Que o persoal docente interino ou substituto que solicite en CADP unha soa provincia supón que para os chamamentos só realizará substitucións nesa provincia? Non. Se quere realizar substitución nunha única provincia, deberá realizar a corres- pondente solicitude no prazo establecido do 15 de xuño ao 15 de xullo, ambos os dous incluídos.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=