Manual do profesorado galego

30 Son persoal interino e participei no concurso, pero non obtiven praza. Como debo indicar as provincias ou os concellos nos que desexo traballar? O persoal interino e substituto debe participar no concurso de adxudicación de des- tinos provisionais e, para o caso de que non obteña destino neste, deberá ademais, no prazo comprendido entre o día 15 de xuño ao 15 de xullo do ano correspondente, ambos os dous incluídos, formular a solicitude de prestar servizos en determinadas provincias ou concellos na aplicación web www.edu.xunta.gal/substitutos. Para a solicitude de prestar servizos en determinados concellos deberá achegarse, ademais, a documentación xustificativa da causa á que se acolle e realizar a presen- tación electrónica da solicitude e da documentación. Son persoal interino. Para poder acollerme a prestar servizos nunha provincia, teño que ter unha causa que o xustifique? Non. Para acollerse a prestar servizos nunha provincia, non se esixe causa. Son persoal interino. Se me acollo a prestar servizos nunha provincia, teño que facelo obrigatoriamente a unha soa provincia? Non. Podo acollerme a unha ou a varias provincias. Cal é actualmente o prazo para solicitar prestar servizos nunha ou en varias provin- cias? Do 15 de xuño ao 15 xullo do ano correspondente, ambos os dous incluídos. Son persoal interino. Despois de obter unha praza en CADP, podo renunciar á praza para acollerme a prestar servizos nunha provincia? Non. Son persoal interino. Para acollerme a prestar servizos en determinados concellos, teño que ter unha causa que o xustifique? Si. As causas recóllense no punto décimo cuarto do Acordo do 20 de xuño de 1995. En CADP, adxudícaselle destino de oficio ao persoal interino? Non. Non se adxudica ningún destino que non fose solicitado. En CADP, para o persoal interino, que supón solicitar provincias? Solicitar provincias implica que se piden todos os centros da provincia pola orde que se publican na convocatoria do concurso de adxudicación de destinos provisionais. Non sería unha adxudicación de oficio, poderiamos obter un destino solicitado.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=