Manual do profesorado galego

29 Son persoal funcionario de carreira cunha comisión de servizos por conciliación fami- liar tipo III. Ao resolver o concurso adxudícaselle a praza solicitada por min a unha persoa cunha comisión de servizos por conciliación familiar tipo III con menor anti- güedade no corpo como persoal funcionario de carreira. É correcto? A prioridade de adxudicación dentro de cada tipo virá determinada, en primeiro lugar, por ser unha única persoa proxenitora antes que pola antigüedade no corpo como persoal funcionario de carreira. Son persoal docente interino do corpo de mestres da lista única e teño concedida unha comisión de servizos por razón de saúde. Unha vez resolto o concurso non me adxudican ningunha praza. É correcto? Só se ten dereito á adxudicación de praza por comisión de servizos cando lle corres- ponde traballar pola devandita lista, de modo que neste caso, se non me corresponde traballar, sería correcto. Son persoal interino e non se me adxudica ningunha praza das que solicitei no con- curso, pero resulta adxudicatario outro persoal interino con menor número de orde. É correcta a adxudicación? En primeiro lugar habería que comprobar que a praza adxudicada no concurso é a mesma que soliciteu, de modo que, se a praza é itinerante, ten que ter feita a solicitude con intinerancia ou, se é con afíns, ten que ter feita a solicitude con afíns. O mesmo acontece se a praza adxudicada é bilingüe, xa que tería que posuír o bilingüísmo e ademais ter solicitada a praza con bilingüísmo. Logo de verificar estas circunstancias, habería que considerar as peticións formuladas na súa solicitude e na solicitude do persoal interino con menor número de orde, xa que, se esta persoa realizou un número maior de peticións e/ou peticións distintas as súas pode resultar adxudicatario, xa que o motor de adxudicación podería non atopar vacantes nas peticións formuladas por vostede, pero si podería atopar vacantes libres que tería que adxudicar se coinciden coas peticións doutro persoal interino. Acabo de aprobar o concurso oposición do corpo de mestres por unha especialidade. Poderían adxudicarme praza por unha especialidade distinta do meu corpo? Si, no caso de que non existisen vacantes suficientes da especialidade pola que se aproba, podería adxudicarse nunha especialidade distinta agás Lingua Estranxeira: Inglés e Orientación. A especialidade de Lingua Estranxeira: Inglés podería ser adxu- dicada de oficio se o persoal que aproba o procedemento selectivo cobre voluntaria- mente a devandita especialidade no apartado correspondente á adxudicación forzosa.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=