Manual do profesorado galego

28 Dispoño do nivel B2 para poder impartir en bilingüismo. Como podo solicitar as prazas bilingües? En primeiro lugar débese ter en conta que debe figurar na base de datos de persoal que posúe o nível de competencia lingüística. No caso de que non sexa así, deberá poñerse en contacto co servizo de persoal para que llo inclúan. As peticións deben formularse de modo independente de modo que se desexa que se lle adxudique un centro ou unha localidade con bilingüismo e sen él deberá introducir na aplicación web a mesma petición dúas veces: unha con bilingüismo e outra sen el. Ademais, a orde na que introduza as peticións é importante, xa que se lle adxudicará con prioridade segundo a orde na que formule as peticións. Deste xeito, se desexa que se lle adxudique con prioridade unha vacante no centro con bilingüismo debe intro- ducir antes esta petición que a petición de praza no mesmo centro sen bilingüismo. Solicitei unha praza nunha localidade e resultoulle adxudicada a unha persoa que pertence a un colectivo que se adxudica con posterioridade ao meu. Cal é a razón? Na maioría dos casos, a motivación desta adxudicación débese á petición realizada. Se a praza ofertada é unha praza con itinerancia ou con afíns e a súa petición non inclúe as itinerancias ou afíns, non se lle adxudicará. Neste caso, cómpre ter en conta que, se formula as peticións con itinerancia, o motor de adxudicación sempre adxudicará con preferencia as vacantes sen itinerancias e sen afíns, pero no caso de que a praza sexa con itinerancias e/ou afíns seralle adxudicada. Por esta razón, se ten interese nunha localidade concreta, é importante que considere formular as peticións con itinerancias e/ou afíns, xa que o motor de adxudicación ao procesar a nosa petición actuará do seguinte xeito: 1º Intentará adxudicar as vacantes de todos os centros desa localidade, coa orde- nación do anexo da convocatoria, e, dentro de cada un deles, de todas as espe- cialidades posibles, sen afíns e sen itinerancia. 2º No caso de que non atope ningunha vacante do modo anterior, procederá a loca- lizar as vacantes coas mesmas condicións, con afíns e que non sexan itinerantes. 3º Se non atopase tampouco ningunha vacante coas condicións anteriores, entón procederá a localizar as vacantes coas mesmas condicións sen afíns e que sexan itinerantes. 4º Por último, procederá a localizar as vacantes coas mesmas condicións con afíns e que sexan itinerantes. Xa que logo, se a petición á localidade a formula con Itinerancia SI e Afín SI, adxudica- ráselle a petición primeiro sen itinerancia e sen afíns, pero no caso de que a vacante sexa con itinerancia e/ou afíns poderáselle adxudicar. Neste caso, non precisa formular varias peticións á mesma localidade, unha sen iti- nerancia e/ou afíns e outra con itinerancia e/ou afíns, xa que, cunha soa petición, a ferramenta informática adxudicará con preferencia as vacantes puras.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=