Manual do profesorado galego

27 Son persoal funcionario de carreira do corpo de mestres. Podo participar no concurso polas especialidades das que estou solicitando habilitación no mes de xuño? Si, a aplicación web do concurso permite formular peticións ás especialidades das que solicitou previamente habilitación no mes de xuño, aínda que non estea resolto o procedemento. Pola súa vez, adxudicarase destino nestas especialidades, de ser o caso, se cumpre cos requisitos establecidos para obter a habilitación. É obrigatorio a presentación electrónica da solicitude? Si, o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018 establece que as solicitudes do procede- mento código ED002B deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos. Teño que formular e presentar electronicamente a solicitude ordinaria de participa- ción todos os anos? Non, a solicitude formulada será válida para as seguintes convocatorias a partir do curso académico 2019/20 mentres se manteña a obriga de participar neste proce- demento. Deste modo, a aplicación web recuperará a última solicitude formulada e presentada electronicamente Se desexa modificar a súa solicitude da convocatoria anterior, poderá acceder á apli- cación web, formular unha nova solicitude e presentala electronicamente. Neste caso terase en conta esta última solicitude. Son persoal docente suprimido do corpo de mestres. Se exerzo o dereito preferente a centro, poden adxudicarme en calquera especialidade, incluso da que non son titular? Si, neste caso daráselle prioridade ao centro sobre a especialidade, de modo que se adxudicará con preferencia o centro en que se exerce o dereito preferente en praza da especialidade da que non se é titular fronte a outra praza da que se é titular doutro centro da mesma ou distinta localidade. A única especialidade que non se adxudicará obrigatoriamente é a Lingua Estranxeira: Inglés. Son persoal docente suprimido do corpo de mestres e exerzo o dereito preferente a centro, pero non obteño destino. Que ocorre neste caso? A Administración elaborará unha solicitude en que se lle engadirá a localidade e, se é o caso, a zona de dereito preferente para a adxudicación de destino. Son persoal docente suprimido do corpo de mestres e non exerzo o dereito prefe- rente. Que acontece se non obteño destino? A Administración elaborará unha solicitude en que se ordenarán as especialidades de que sexa titular pola orde do código e, a continuación, as especialidades para as que non está habilitado, agás Lingua Estranxeira: Inglés para a adxudicación de destino.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=