Manual do profesorado galego

26 Son persoal funcionario interino en excedencia por coidado de familiares. Estou obri- gado a participar? Si, debe participar na convocatoria e, no caso de obter destino, solicitar, se o desexa, unha nova excedencia, que lle será autorizada de reunir os requisitos para a súa concesión. Teño concedida unha comisión de servizos. Podo participar no concurso de adxudi- cación de destinos provisionais? Non, agás que se trate dunha de comisións de servizos por razóns de saúde, de con- ciliación da vida familiar e laboral e por concelleiro ou concelleira. Son persoal obrigado a participar no concurso e non formulei a solicitude no prazo establecido. Que acontece neste suposto? Neste caso, se ten presentada electronicamente unha solicitude no procedemento ED002B con anterioridade, recupérase a solicitude anterior para a adxudicación. No caso de que non conste ningunha presentación electrónica anterior, a Administración elaborará de oficio unha solicitude onde unicamente constarán as provincias. A orde das provincias será por orde crecente de código (15, 27, 32, 36) Son persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres. Participo no concurso coa especialidade de primaria? Si, o persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres que sexa nomeado o 1 de setembro do ano en curso persoal funcionario de carreira participará no concurso coa especialidade que posúe e ademais coa especialidade de Primaria sempre que reúna os requisitos para obter a devandita habilitación de conformidade co establecido no Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro. Son persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres. Podo solicitar vacantes de Orientación? Si, sempre que posúa algunha das seguintes titulacións: licenciatura de Psicopeda- goxía, licenciatura ou grao de Pedagoxía, Psicoloxía, ou licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación (especialidades de Psicoloxía ou Ciencias da Educación) ou en Filosofía e Letras (especialidades de Pedagoxía ou Psicoloxía). Acabo de aprobar o procedemento selectivo. Podo participar a prazas de Orientación? Si, ademais da especialidade pola que aprobe, sempre que posúa algunha das titula- cións que se refiren no apartado anterior.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=