Manual do profesorado galego

25 Son persoal interino e teño concedida unha comisión de servizos por conciliación familiar. Aprobei o concurso-oposición polo mesmo corpo e especialidade da que son persoal interino. Térase en conta a miña solicitude de comisión de servizos? Si, a adxudicación terá en conta a solicitude formulada como persoal interino, agás que desexe formular unha nova solicitude no prazo establecido para o persoal que aproba o procedecemento selectivo. Neste último caso, quedaría sen efecto a reali- zada como persoal interino. Son persoal interino e teño concedida unha comisión de servizos por razón de saúde. Aprobei o concurso-oposición por outro corpo ou outra especialidade. Podo parti- cipar con comisión de servizos por razón de saúde no concurso de adxudicación de destinos provisionais? Si, neste caso realizarase unha copia da solicitude ordinaria que se formula como persoal que aproba o procedemento selectivo (agás o apartado relativo ás provincias) para poder participar no concurso cunha comisión de servizos por razón de saúde ademais da ordinaria. Son persoal interino e xa teño presentada unha solicitude ordinaria no concurso de adxudicación de destinos provisionais. Aprobei o concurso-oposición. Teño que for- mular unha nova solicitude ordinaria? Si, o persoal interino que supere o procedemento selectivo, aínda no suposto de que sexa o mesmo corpo e especialidade en que prestaba servizos estará obrigado a facer unha nova solicitude ordinaria e quedará sen efecto a realizada como persoal docente interino. Aprobei o concurso-oposición. Que solicitudes teño que formular no concurso de adxudicación de destinos provisionais? O persoal que supere o procedemento selectivo terá que formular obrigatoriamente unha solicitude ordinaria pola especialidade pola que aproba. Ademais, de ser o caso, poderá formular unha solicitude de comisión de servizos por conciliación familiar. Son persoal docente suprimido e estou en excedencia por coidado de familiares. Teño que participar no concurso? Si, o profesorado suprimido ou en expectativa de destino que estea en situación de servizos especiais ou de excedencia por coidado de familiares, ou teña concedida unha licenza por estudos por todo o curso, ou teña un permiso sindical a tempo com- pleto, deberá participar na convocatoria sen que a adxudicación de destino supoña un cambio na súa situación administrativa, agás que solicite expresamente o reingreso á situación de servizo activo.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=