Manual do profesorado galego

24 CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS (CADP) PROCEDEMENTO CÓDIGO ED002B Se son persoal interino do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, teño que formular unha solicitude por ambos os dous corpos? Non, é suficiente se se formula unha solicitude por un dos corpos. Tampouco ten que participar por todas as listas das que forma parte, xa que é suficiente se participa por unha soa lista. Se son persoal interino do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secun- dario, e formulo unha solicitude en cada corpo, podo obter praza nos dous corpos? Non. Se obteño praza nun corpo, automaticamente exclúese a miña solicitude do outro corpo. Neste caso adxudícase en primeiro lugar o corpo de mestres. Son persoal interino do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secun- dario, e formulo unha solicitada en cada corpo. Na resolución provisional obteño unha praza no corpo de mestres, pero quero obter unha praza no corpo de profesores de ensino secundario. Que debo facer? Neste caso, se lle corresponde unha praza no corpo de profesores de ensino secun- dario ou prefire recibir chamamentos no corpo de profesores de ensino secundario, debe renunciar á adxudicación de destino provisional obtida no corpo de mestres, no prazo de reclamacións e renuncias. Formulei unha solicitude de comisión de servizos por razón de saúde e/ou por conci- liación familiar. Teño obriga de realizar unha solicitude ordinaria? Si, sempre que sexa persoal docente suprimido, desprazado, en expectativa ou interino. No caso de que participe con destino definitivo non teño que realizar unha solicitude ordinaria. Son persoal interino e teño concedida unha comisión de servizos por razón de saúde. Aprobei o concurso-oposición polo mesmo corpo e especialidade da que son persoal interino. Térase en conta a miña solicitude de comisión de servizos por razón de saúde formulada como persoal interino? Si, a adxudicación realizarase empregando a solicitude formulada como persoal inte- rino e modificarase o colectivo polo que se participa.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=