Manual do profesorado galego

22 26. De conformidade coa disposición adicio- nal terceira do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, as administracións educa- tivas regularán os requisitos de formación que se esixirán para impartir nunha lingua estranxeira as ensinanzas da etapa de edu- cación primaria cuxos proxectos educativos comporten un réxime de ensinanza plurilin- güe. Cales son os requisitos mínimos? Un nivel B2. A citada disposición adicional terceira establece que “os devanditos requi- sitos, a partir do curso 2013/14, acredita- rán, cando menos, competencias dun nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas, na lingua estranxeira corres- pondente”. 27. De conformidade coa disposición adicio- nal cuarta.2 do Real decreto 1594/2011, o persoal funcionario do corpo de mestres das especialidades de Pedagoxía Terapéuti- ca e Audición e Linguaxe: Poderá desempeñar funcións de atención á diversidade na educación secundaria. CÓMPUTO DE PRAZOS LEI 39/2015, DO 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (BOE NÚM. 236, DO 2 DE OUTUBRO), ARTIGO 30 Como se computan os prazos en días naturais? Contar os prazos en días naturais implica que se computan todos os días do ano, incluídos os sábados, domingos e festivos. Cando os prazos se computan en días naturais, a Administración ten a obriga de facer constar esta circunstancia nas notificacións. Nun prazo de días hábiles, que días debemos excluír do cómputo? Os sábados, domingos e festivos. Que días son hábiles no rexistro electrónico da Xunta de Galicia? O rexistro electrónico da Xunta de Galicia réxese, para os efectos do cómputo dos prazos, pola data e hora oficiais da sede electrónica. O calendario e horas oficiais podense consultar na páxina web https://sede.xunta.gal

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=