Manual do profesorado galego

21 19. O profesorado da especialidade de Edu- cación Infantil impartirá todas as áreas do currículo de educación infantil. Poderá ser apoiado no seu labor por persoal do corpo de mestres doutras especialidades? Si. O artigo 3.1 do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, establece que “no segundo ciclo de educación infantil poderán ser apoia- dos no seu labor docente, por mestras e mes- tres doutras especialidades cando as ensinan- zas impartidas o requiran nas condicións que determinen as administracións educativas. 20. De conformidade co artigo 3.3 do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, o profesorado do corpo de mestres, coas especialidades das diferentes Linguas Es- tranxeiras, Educación Física e Música, ademais das áreas propias da súa especia- lidade, poderá impartir as áreas propias da especialidade de Educación Primaria? Si. 21. O profesorado do corpo de mestres es- pecialistas en Pedagoxía Terapéutica e Au- dición e Linguaxe, ademais das atribucións específicas da súa especialidade, poderá impartir as áreas propias da especialidade de Educación Primaria? Si. Así o establece o artigo 3.5 do Real de- creto 1594/2011, do 4 de novembro. 22. Que profesorado desempeñará os pos- tos de traballo en unidades que agrupen alumnado de educación infantil xunto a alumnado de educación primaria? Estes postos serán ocupados indistintamen- te por persoal funcionario do corpo de mes- tres coa especialidade de Educación Prima- ria ou de Educación Infantil. 23. Unha persoa coa titulación de grao en Educación Infantil pode presentarse ao con- curso-oposición para ingresar na especiali- dade de Educación Física? Si. A disposición adicional novena.1 da LOE establece que “para o ingreso no corpo de mestres serán requisitos indispensables estar en posesión do título de mestre ou o título de grao correspondente e superar o correspondente proceso selectivo. 24. No suposto anterior, ao ser nomeada a persoa funcionaria de carreira do corpo de mestres acadará a especialidade de Educa- ción Primaria? Non. Tería que ter o título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria. 25. Esta persoa que ingresou coa titulación de grao en Educación Infantil no corpo de mestres pola especialidade de Educación Física podería obter a especialidade de Edu- cación Primaria por experiencia docente? Si. O artigo 4.2.c) do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, establece como unha das vías para acadar outras es- pecialidades: “Por impartir as áreas propias da especialidade de Educación Primaria du- rante tres anos, a partir da entrada en vigor deste real decreto, e en máis do 30 por cen- to do seu horario, nos supostos descritos nas subepígrafes 3 e 5 do artigo 3, adquiríra- se a especialidade de Educación Primaria”.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=