Manual do profesorado galego

18 Rematou o prazo de presentación de solicitudes por comisión de servizos de saúde e detectáronme unha enfermidade grave. Como debo proceder? Con anterioridade á resolución definitiva do concurso de adxudicación de destinos provisionais publicarase na páxina web www.edu.xunta.gal un prazo extraordinario de solicitudes por causas sobrevidas para estes supostos. Podo renunciar á comisión de servizos? Si, no prazo establecido para estes efectos no concurso de adxudicación de destinos provisionais con anterioridade á adxudicación definitiva. Adxudicáronme mediante a resolución definitiva unha praza en comisión de servizos nun concurso específico. Debo renunciar á comisión de servizos? Non é preciso, xa que a normativa establece que as persoas que teñan concedida unha comisión de servizos non poderán participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais, de modo que a solicitude de comisión de servizos por motivos de saúde será excluída de oficio neste caso. COMPETENCIA DOCENTE (As respostas que se ofrecen en relación coa educación secundaria obrigatoria e o bacharelato supedítanse a que se confirmen no futuro real decreto que regule a asignación de materias en educación secundaria obrigatoria e en bacharelato ás especialidades dos corpos docentes). 1. A materia Expresión Artística da educa- ción secundaria obrigatoria asígnase á espe- cialidade de: Debuxo 2. A materia Economía e Emprendemento da educación secundaria obrigatoria asígna- se ás especialidades de: Economía Organización e Xestión Comercial Nos centros nos que exista profesorado das dúas especialidades seguirase esta orde de prelación para impartir a materia. 3. A materia Formación e Orientación Per- soal e Profesional da educación secundaria obrigatoria asígnase ás especialidades de: Economía Formación e Orientación Laboral Orientación Educativa 4. A materia Educación en Valores Cívicos e Éticos da educación secundaria obrigatoria asígnase á especialidade de: Filosofía

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=