Manual do profesorado galego

17 Poden concederme unha comisión de servizos por motivos de saúde se teño a miña localidade de residencia a menos de 50 km do meu destino definitivo? Si, sempre que preste servizos con carácter definitivo nun centro de educación infan- til, educación infantil e primaria, educación primaria, colexios rurais agrupados, centro de educación especial ou centro público integrado en réxime de xornada partida. Tamén se poderá exceptuar este requisito cando as razóns por motivos de saúde alegadas así o aconsellen de xeito indubidable. Tiven que participar no concurso de traslados á localidade ou localidades que se solicitan na comisión de servizos? Si, é obrigatorio, agás casos excepcionais que serán valorados pola comisión de valo- ración. Ademais, poderase exceptuar este requisito cando a solicitude se fundamente en causas sobrevidas ao remate do prazo de presentación de solicitudes do concurso. É obrigatoria a presentación electrónica da solicitude? Si, é obrigatorio presentar a solicitude e a documentación por medios electrónicos no procedemento código ED010B. Como debo formular as peticións? En primeiro, lugar hai que solicitar peticións aos centros e/ou localidades nun radio de 20 km de distancia á localidade de residencia. Unha vez formuladas estas peticións, poderanse solicitar outros centros e/ou localidades. Cal é o prazo para formular as solicitudes? 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia . Nos anos en que se convoque o concurso xeral de traslados de ámbito estatal e se resolva por corpos en distintas datas, o prazo contarase a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do último concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia . Acabo de aprobar o procedemento selectivo. Podo formular solicitude? Non, o persoal que supere o procedemento selectivo do ano correspondente unica- mente poderá solicitar, de ser o caso, unha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral, ademais da solicitude ordinaria.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=