Manual do profesorado galego

15 A miña parella é persoal docente tamén. Podemos solicitar ambos os dous a comisión? Non, só se permite a solicitude por unha das persoas integrantes da parella de feito ou dos cónxuxes. Teño concedida a custodia compartida por sentenza xudicial. Poden as dúas persoas proxenitoras solicitar a comisión? Si, neste caso as dúas persoas proxenitoras poden solicitar a comisión. É obrigatoria a presentación electrónica da solicitude? Si, é obrigatorio presentar a solicitude e a documentación por medios electrónicos no procedemento código ED010A. Como debo formular as peticións? En primeiro lugar, hai que solicitar peticións aos centros e/ou localidades nun radio de 20 km de distancia á localidade de residencia. Unha vez formuladas estas peticións, poderanse solicitar outros centros e/ou localidades. Teño obriga de solicitar un centro penal que está a 20 km da miña localidade de residencia? Non, os centros penais, os centros de educación permanente de adultos e os centros ordinarios en que se imparten ensinanzas de adultos e aqueles centros en que se imparten ensinanzas en réxime de xornada partida serán de solicitude voluntaria. Cal é o prazo para formular as solicitudes? 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia . Nos anos en que se convoque o concurso xeral de traslados de ámbito estatal e se resolva por corpos en distintas datas, o prazo contarase a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do último concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia . Acabo de aprobar o procedemento selectivo. Podo formular a solicitude? Si, no prazo de 2 días hábiles desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente Podo renunciar á comisión de servizos? Si, no prazo establecido para estes efectos no concurso de adxudicación de destinos provisionais con anterioridade á adxudicación definitiva.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=