Manual do profesorado galego

14 COMISIÓN DE SERVIZOS DO PERSOAL FUNCIONARIO DOS CORPOS DOCENTES E DO PERSOAL LABORAL DOCENTE QUE IMPARTE DOCENCIA EN CENTROS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA COMPETENTE EN MATERIA DE EDUCACIÓN EN ATENCIÓN A SITUACIÓNS DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL. PROCEDEMENTO CÓDIGO ED010A. Teño concedida unha comisión de servizos por conciliación familiar. É obrigatorio que se me adxudique unha praza no concurso de destinos provisionais por esta comisión? Non, a adxudicación estará supeditada á existencia de praza vacante ou necesidade de profesorado para o curso académico correspondente e que me corresponda a adxudi- cación dunha praza das solicitadas de acordo cos criterios establecidos na regulación da adxudicación de destinos provisionais para o curso académico que corresponda. A que data se computa a idade dos fillos ou fillas? Ao 31 de decembro do ano inmediatamente anterior a aquel en que se efectúa a solicitude. O meu fillo ou filla é adoptado, desde cando se computa a idade? A idade computarase desde a resolución xudicial. Estou embarazada de tres meses no prazo establecido para formular a solicitude. Podo formular a solicitude de comisión de servizos por conciliación familiar? Si, pode efectuarse a solicitude sempre que exista embarazo a termo final con ante- rioridade ao mes de marzo do ano seguinte a aquel en que se presenta a solicitude. Teño destino definitivo nun centro público integrado con réxime de xornada partida a 45 km da miña localidade de residencia. Podo formular a solicitude de comisión de servizos? Si, xa que non lles será esixible o requisito de ter destino definitivo nunha localidade a unha distancia superior a 60 km da localidade de residencia a aquelas persoas que presten servizos nos centros de educación infantil, educación infantil e primaria, edu- cación primaria, colexios rurais agrupados, centros de educación especial e centros públicos integrados que teñen réxime de xornada partida. Tiven que participar no concurso de traslados á localidade ou localidades que se soli- citan na comisión de servizos? Si, é obrigatorio, agás casos excepcionais que serán valorados pola comisión de valo- ración.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=