Manual do profesorado galego

135 En todos os centros, a que se destinará o horario de dedicación directa ao centro que non corresponda a tarefas lectivas? Entre outras, a actividades relacionadas coas titorías e orientación do alumnado, titorías de pais e nais, gardas cando non teñan o carácter de lectivas, reunións de equipos de ciclo, departamento, sesións de avaliación, dinamizacións, participación en reunións de órganos colexiados e reunións para a elaboración ou modificación de documentos de planificación e para a súa avaliación. A que se dedicará o horario semanal de non obrigada permanencia no centro? As sete horas e media de non obrigada permanencia no centro destinarase ao per- feccionamento e á formación, á preparación de actividades docentes e á atención doutras actividades inherentes á función docente. Se no centro non existise horario lectivo completo da especialidade docente, como se complementa o horario? Pódese optar por completar a súa xornada lectiva noutro centro da localidade, de acordo coa súa especialidade ou competencia docente, ou no propio centro, impar- tindo materias afíns.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=