Manual do profesorado galego

134 Nos centros de educación infantil, educación primaria, educación infantil e primaria e de educación especial, computarán as gardas como horario lectivo? Si. Computarán como horario lectivo as gardas, as gardas de recreo e as gardas para custodiar o alumnado no período de tempo que transcorre desde a chegada do alum- nado transportado e o inicio da actividade lectiva e desde que rematan as actividades escolares ata a saída do transporte escolar. Para as gardas de transporte, cal será o número de persoal docente de garda? 1 profesor/a por cada cincuenta alumnos/as ou fracción. Nos períodos de lecer, cal será a rateo do persoal docente de garda? En educación infantil: 1 mestre/a por 25 alumnos/as ou fracción. En educación primaria: 1 mestre/a por cada 50 alumnos/as ou fracción. Cal é a xornada semanal do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas? Trinta e sete horas e medias das cales dedicarán trinta (30) ás actividades do centro con presenza nel. Destas 30 horas semanais, 23 serán de horario fixo no centro educativo. Destas 23 horas, 20 terán carácter lectivo. As 3 restantes distribuiranse entre dúas gardas e unha hora de titoría de pais/nais e alumnado. Nas horas de garda, incluíranse as gardas de transporte escolar? Si, nos centros que proceda, incluíranse as gardas de recreo e para custodiar o alum- nado no período de tempo que transcorre desde a chegada do alumnado transportado e o inicio da actividade lectiva e desde que rematan as actividades escolares ata a saída do transporte escolar. Con que frecuencia se realizarán as reunións dos departamentos didácticos? Faranse como mínimo unha vez ao mes. Como se computarán as reunións do departamento? Terán o mesmo carácter que as reunións do claustro e computaranse dentro das sete horas complementarias non fixas.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=