Manual do profesorado galego

133 Outra persoa funcionaria do corpo de mestres, B, leva 3 anos con destino definitivo no centro. Ao ter que quedar unha delas suprimida, a persoa A di que ten quedar suprimida a persoa B por ter menos anos de destino definitivo no centro. É isto correcto? Non. De acordo cos criterios establecidos no artigo 3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, o criterio é de menor antigüidade ininterrompida. Polo tanto, aínda que a persoa A ten unha antigüidade no centro de 8 anos e a persoa B de 3, a persoa B ten máis anos de antigüidade ininterrompida no centro que A. Non existindo voluntarie- dade, a persoa suprimida sería A. Nun departamento en extinción de tecnoloxía está adscrita unha persoa funcionaria de carreira do corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional, con 30 anos de antigüidade no corpo. No mesmo departamento, unha persoa funcionaria de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, da especialidade de Tecnoloxía ten 28 anos de servizos no corpo. Os dous obtiveron a praza definitiva con anteriori- dade ao 1 de setembro de 2006. Cal debe ser a persoa desprazada por falta de horario? A persoa funcionaria de carreira do corpo de profesores de ensino secundario. A disposición transitoria do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, establece como primeiro criterio para o desprazamento, para os suposto de acceso a praza con anterioridade á entrada en vigor do decreto, “menor tempo de servizos efectivos como funcionaria ou funcionario de carreira do corpo ao que pertenza cada fun- cionaria ou funcionario”. XORNADA DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DOCENTE A regulación da xornada de traballo do persoal funcionario docente é de aplicación ao profesorado de Relixión? Si. A Orde do 23 de xuño de 2011, modificada pola Orde do 4 de xuño de 2012, regula a xornada de traballo do persoal funcionario e do persoal laboral docente que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Cal é a xornada semanal do persoal funcionario docente e laboral que imparte as ensinanzas de educación infantil, educación primaria e educación especial? Trinta e sete horas e media das cales se dedicarán trinta (30) horas ás actividades do centro con presenza neste. Das devanditas horas, 25 terán carácter lectivo, a razón de 5 horas diarias, de luns a venres.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=