Manual do profesorado galego

131 - tude de reingreso ao servizo activo? Si, no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao do cesamento na situa- ción de servizos especiais. En que situación administrativa quedará unha persoa que cesa na situación de servi- zos especiais e non solicita o reingreso no servizo activo no prazo dun mes? Na situación de excedencia por interese particular. O persoal funcionario de carreira docente que cesa na situación de servizos especiais e solicita o reingreso ao servizo activo ao mes da data do cesamento ten dereito a que se lle aboe ese mes? Non. Xera o dereito retributivo desde a data na que solicita o reingreso e toma posesión. O persoal funcionario dos corpos docentes que sexa nomeado para desempeñar un posto en áreas funcionais da alta inspección de educación en que situación adminis- trativa estará? Na situación de servizos especiais. Artigo 167.m) da Lei 2/2015, do 29 de abril. Cando se accede á condición de deputado do Parlamento de Galicia, pásase obriga- toriamente á situación de servizos especiais? Non sempre. Cando non se perciban retribucións periódicas, poderá optarse entre permanecer na situación de servizo activo ou pasar á de servizos especiais, sen prexuízo da normativa sobre incompatibilidades aplicable aos deputados. As persoas que perdan a condición de parlamentarios por disolución da Cámara ou finalización do seu mandato, poden permanecer na situación de servizos especiais? Si, ata a nova constitución da Cámara. O persoal funcionario de corpos docentes que resulte electo nunha entidade local e non teña dedicación exclusiva quedará na situación administrativa de servizos especiais? Non. Quedará na situación administrativa de servizo activo. Para quedar en situación de servizos especiais deberá ter dedicación exclusiva. O persoal funcionario docente en situación de servizos especiais ten dereito a optar pola retribución do posto que desempeña ou a retribución como docente? Non. Percibirá as retribucións do posto ou cargo que desempeña, sen prexuízo do dereito a percibir os trienios que se teñan recoñecidos en cada momento.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=