Manual do profesorado galego

128 Unha persoa funcionaria de carreira do corpo de mestres con dous anos de servizo como persoal funcionario de carreira e outro como persoal interino reuniría o requi- sito para solicitar a excedencia voluntaria por interese particular? A consellería competente en materia de educación entende que se pode conceder dado que a lei esixe un mínimo de tres anos de servizos efectivos inmediatamente anteriores á solicitude, pero non establece taxativamente que sexan prestados como persoal funcionario de carreira. Ademais, entende que resultaría de aplicación a Directiva 1999/1970. Cal é a situación administrativa do persoal funcionario de carreira que pase a prestar servizos noutro corpo como persoal interino? O persoal funcionario de carreira que pase a prestar servizos como persoal interino noutro corpo en calquera Administración pública, organismo, axencia ou entidade do sector público será declarado na situación administrativa de excedencia por interese particular. Cal é a situación administrativa do persoal funcionario de carreira do corpo de mes- tres que promociona ao corpo de profesores de ensino secundario? Excedencia por prestación de servizos no sector público, salvo que lle corresponda quedar noutra. No caso de excedencia por coidado dun fillo ou filla, existe o dereito á reserva do posto de traballo durante a duración de toda a excedencia? O posto de traballo que se ocupe con carácter definitivo resérvase durante toda a duración da excedencia. Se se ocupa un posto de traballo con carácter provisional, a reserva manterase mentres o posto non se cubra por outro procedemento de pro- visión previsto na lei. O gozo da excedencia por coidado de fillo ou filla pode ser interrompido? Si, a lei prevé que se poderá facer uso deste de forma fraccionada. O gozo da excedencia por coidado de fillo ou filla de forma interrompida pode levar a que teñamos dereito a esta excedencia cando o fillo ou filla supere os tres anos, se levamos gozado menos tempo desta excedencia? Neste caso a lei prevé un réxime diferenciado para a excedencia por coidado de fillos/as e a excedencia por coidado de familiares de primeiro e segundo grao de parentesco. En ambos os dous casos a excedencia ten unha duración máxima prevista de tres anos pero na excedencia por coidado de fillos e fillas establécese un día concreto de

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=