Manual do profesorado galego

11 CATÁLOGOS DE POSTOS DE TRABALLO Que establece o Acordo do 8 de xuño de 2007 dos catálogos dos centros de educación infantil, educación primaria, educación infantil e primaria e centros públicos integra- dos sobre a atención á diversidade? Que os catálogos permitirán a atención á diversidade do alumnado dos centros públi- cos de educación infantil e primaria. Poderase incrementar o número de persoal especialista de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe que se establece no acordo de catálogos? Si. Nas normas xerais sobre os catálogos establécese que “naqueles centros ordina- rios que integren alumnado con necesidade educativa específica se poderán incre- mentar os catálogos en función do número e tipo de necesidades, especialmente de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe”. En que centros aparece persoal especialista en Pedagoxía Terapéutica? Nos centros de educación primaria, educación infantil e primaria e nos centros públi- cos integrados de catro ou máis unidades de primaria. En que centros aparece a segunda persoa especialista en Pedagoxía Terapéutica? Nos centros de educación primaria, educación infantil e primaria e nos centros públi- cos integrados de 18 ou máis unidades de educación primaria. En que centros aparece a primeira persoa especialista en Audición e Linguaxe? – Nos centros de educación primaria con 13 ou máis unidades. – Nos centros de educación infantil con 3 ou máis unidades. – Nos centros de educación infantil e primaria con 13, 14, 15, 16 e 17 unidades, computando as de educación infantil e primaria conxuntamente. En que centros aparece a segunda persoa especialista en Audición e Linguaxe? – Nos centros de educación primaria con 30 ou máis unidades. – Nos centros de educación infantil e primaria con 30 ou máis unidades, computando as de educación infantil e primaria conxuntamente.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=