Manual do profesorado galego

127 Os servizos prestados na función pública docente universitaria compútanse para os efectos de perfeccionamento de sexenios? Si. Para o perfeccionamento dos sexenios, téñense en conta os cursos organizados polas universidades? Teñen que estar recoñecidos pola consellería competente en materia de educación. Ao persoal funcionario docente que preste servizos nunha Administración distinta da educativa, élle computable este tempo para os efectos de sexenios? Si, sempre que estea na situación de servizo activo no corpo docente. SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (BOE núm. 261, do 31 de outubro) Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio) Unha persoa funcionaria do corpo de mestres con 10 anos de servizo que accede ao corpo de profesores de ensino secundario e leva 2 anos de servizo neste último corpo, pode solicitar unha excedencia voluntaria por interese particular? Si, o persoal funcionario de carreira pode obter a excedencia por interese particular cando prestase servizos efectivos en calquera das administracións públicas durante un período mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á solicitude, pero non esixe que sexan precisamente no último corpo. Existe un período máximo de duración da excedencia voluntaria por interese particular? Non, a lei non prevé un período máximo de duración. Existe un período mínimo de duración da excedencia voluntaria por interese particular? Si, a lei prevé un mínimo dun (1) ano.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=