Manual do profesorado galego

126 SEXENIOS Se para perfeccionar un sexenio alegamos que fixemos ensinanzas de réxime espe- cial, cando teñen que estar iniciadas e rematadas? Resulta irrelevante cando sexan iniciadas e teñen que estar rematadas no período do sexenio. Faciamos o segundo sexenio o día 1 de outubro de 2020. Non obstante, ao non poder xustificar as horas de formación, non o perfeccionamos ata o 1 de xaneiro de 2021. Cando faremos o terceiro sexenio? O 1 de xaneiro de 2027. A xurisprudencia ratificou a posición da Administración educa- tiva de que o cómputo do próximo sexenio se inicia unha vez perfeccionado o anterior. No caso do persoal funcionario docente en situación de servizos especiais ten que acreditar horas de formación para perfeccionar un sexenio? Está exento de acreditar 20 horas por cada ano en situación de servizos especiais. O persoal docente interino ten dereito a percibir os sexenios? Si, en aplicación da Directiva europea 1999/70/CE. O profesorado de Relixión ten dereito a percibir os sexenios? Si. O persoal docente desempeñando postos da relación de postos de traballo da Con- sellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ten dereito a percibir os sexenios? Si. O profesorado que tutele as prácticas do persoal aspirante seleccionado nos concur- sos-oposición para ingreso nos corpos docentes ten algún recoñecemento para os efectos do perfeccionamento dos sexenios? 50 horas. As horas de impartición de cursos son válidas para o perfeccionamento de sexenios? Si, sempre que fosen organizados pola consellería competente en materia de educación.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=