Manual do profesorado galego

123 RÉXIME DISCIPLINARIO En que caso se pode sancionar como falta grave o incumprimento inxustificado da xornada de traballo? Cando supoña un incumprimento que, acumulado, sexa dun mínimo de dez (10) horas ao mes ou dunha porcentaxe equivalente no caso de que o seu cómputo se faga por períodos superiores ao mes. Entenderase por incumprimento total da xornada de traballo diaria a ausencia inxus- tificada do posto de traballo durante a duración íntegra desta. Que acontece se durante un procedemento disciplinario se perde a condición de empregado público? Con carácter xeral declararase de oficio a finalización do procedemento e ordenarase o arquivamento das actuacións. Non obstante para o caso do persoal funcionario interino poderá continuarse a trami- tación do procedemento, caso no que poderían darse as seguintes situacións cando se dite a resolución impoñendo sanción: a) O persoal interino ten de novo a condición de empregado público: aplicarase a sanción disciplinaria que corresponda. b) O persoal interino non ten a condición de empregado público: a sanción quedará en suspenso ata que o persoal interino teña de novo a condición de empregado público, momento en que se procederá a aplicar a correspondente sanción sempre que esta non prescribise. Cal é a sanción prevista para o persoal funcionario que intervén nun procedemento administrativo cando concorre unha causa de abstención? A lei tipifica como falta grave esta conduta pola que se podería impoñer calquera das seguintes sancións: •  Suspensión firme de funcións por un período de entre quince días e tres anos. •  Traslado forzoso con cambio de localidade por un período dun ano, que impedirá obter destino, por ningún procedemento, na localidade desde a cal se produciu o traslado. •  Traslado forzoso sen cambio de localidade por un período dun ano. •  Demérito.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=