Manual do profesorado galego

122 Se gozamos dun permiso sen soldo durante dous meses, percibiremos completa a paga extraordinaria? Non. Reducirásenos na parte proporcional aos servizos non prestados. O persoal funcionario do corpo de mestres da especialidade de Pedagoxía Terapéutica que obteña un destino definitivo ou provisional nun instituto de educación secundaria ten dereito a percibir o complemento específico correspondente á diferenza entre os niveis 24 e 21? Non. Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 18 de xullo de 2012 (STSJ GAL 6551/2012). No suposto dun departamento unipersoal, se a persoa que desempeña a xefatura de departamento é nomeada cargo directivo, percibiríanse os dous complementos? Non. Son complementos incompatibles. O persoal docente funcionario de carreira que supere os 90 días de licenza por enfer- midade terá dereito a que se lle complemente a contía aboada por MUFACE para acadar o cen por cento das retribucións? Si. Na orde de instrucións de nóminas establécese que “durante o ano 2022 os/as traballadores/as en situación de licenza por enfermidade ou incapacidade temporal percibirán un complemento retributivo desde o primeiro día da devandita situación que, sumado á prestación do réxime da Seguridade Social ou do réxime de mutua- lismo administrativo, acade o 100 % das retribucións fixas do mes anterior á baixa”. Para os efectos retributivos dos órganos unipersoais de goberno dos centros edu- cativos, e determinar o tipo de centro, nos centros de educación infantil e primaria, ademais das unidades que de dereito lle correspondan ao centro, computaranse aque- las que teña habilitadas? Si. A Circular 1/1996 foi modificada pola Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 1 de outubro de 2012.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=