Manual do profesorado galego

121 E coa percepción da consolidación do complemento específico correspondente ao exercicio da dirección? Si. O persoal docente, se cumpre un trienio prestando servizos a tempo parcial, cando pase a xornada completa, percibe a contía do trienio completa ou parcial? Completa. O profesorado que imparte ensinanzas de adultos en centros ordinarios terá dereito a percibir unha compoñente do complemento específico? Non. Na orde pola que se ditan instrucións para a confección de nóminas establécese un complemento para o profesorado que imparte docencia en centros específicos de ensinanzas de adultos. É compatible a percepción da compoñente do complemento específico polo desem- peño da xefatura de departamento e por impartir docencia en centros específicos de ensinanzas de adultos? Non. É incompatible percibir máis dunha compoñente singular do complemento espe- cífico polo desempeño de órganos unipersoais de goberno e polo desempeño de postos de traballo docentes singulares. Neste caso, os dous son postos de traballo docentes singulares. É compatible a percepción da consolidación parcial do complemento específico das direccións dos centros escolares públicos e do complemento específico correspon- dente á xefatura de departamento? Si. O proxecto de decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións establece que “o complemento específico correspondente á consoli- dación parcial deste complemento polo exercicio da dirección será incompatible coa percepción da compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno e co desempeño de postos de traballo docentes singulares que teñan asignada unha contía superior á establecida para as xefaturas de departamento”. O persoal funcionario docente que estea prestando servizos nun centro educativo ou na inspección educativa, e teña consolidado o nivel 30 ten dereito a percibir como compoñente xeral do complemento específico o establecido para o nivel 30? Non. Ten consolidado o nivel de complemento de destino, pero non se consolida o específico. Percibirá como compoñente xeral do complemento específico o corres- pondente ao seu corpo.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=