Manual do profesorado galego

119 REHABILITACIÓN DA CONDICIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO En que supostos é posible a rehabilitación da condición de persoal funcionario? •  Concesión preceptiva sempre que se acredite a desaparición da causa que motivou a perda da condición de persoal funcionario:   a) Cando se recupere unha nacionalidade que permita o acceso ao corpo ao que se pertenceu.   b) Cando desapareza a incapacidade que motivou a perda, no caso de xubilación por incapacidade permanente para o servizo. Neste caso reservarase o posto de traballo que ocupase con carácter definitivo se se presenta a solicitude de rehabilitación antes de dous (2) anos desde que se extinguiu a relación de ser- vizo como consecuencia da xubilación por incapacidade permanente. •  Concesión potestativa (carácter excepcional e por solicitude da persoa interesada):  No suposto de condena á pena principal ou accesoria de inhabilitación, atendendo ás circunstancias e entidade do delito cometido.  Esixe un informe favorable previo do órgano ao que lle correspondan as funcións de asesoría xurídica, oído o órgano de representación do persoal funcionario, e motivación da rehabilitación.  Transcorrido o prazo de tres meses, a solicitude de rehabilitación poderá enten- derse desestimada. RESPONSABILIDADE CIVIL Segundo o artigo 36 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, ante quen se esixe a responsa- bilidade patrimonial da Administración pública? Este artigo determina que, para facer efectiva a responsabilidade, se lle esixirá direc- tamente á Administración pública correspondente as indemnizacións polos danos e prexuízos causados polas autoridades e persoal ao seu servizo. No caso de acudir aos tribunais de xustiza, ante que xurisdicción se demanda a res- ponsabilidade patrimonial? O artigo 2e) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-ad- ministrativa, establece que a orde xurisdicional contencioso-administrativa coñecerá das cuestións que se susciten en relación coa responsabilidade patrimonial das admi- nistracións públicas calquera que sexa a natureza da actividade ou o tipo de relación de que derive, non podendo ser demandadas aquelas por este motivo ante as ordes xurisdicionais civil ou social, aínda cando na produción do dano concorran con parti- culares ou conten cun seguro de responsabilidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=