Manual do profesorado galego

118 Son persoal funcionario en prácticas da especialidade de Educación Infantil coa titu- lación de grao en Educación Primaria. Podo participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais coa especialidade de Primaria? Si, o persoal funcionario en prácticas de calquera especialidade que sexa nomeado o 1 de setembro dese ano persoal funcionario de carreira e posúa a titulación de grao en Educación Primaria partipará e poderán adxudicárselle en prazas da especialidade de Primaria. REDUCIÓN DE XORNADA Temos dereito a unha redución de xornada retribuída por coidado dun familiar? Si. Para atender o coidado do cónxuxe ou parella de feito, dun familiar de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, ou dun menor en acollemento preadoptivo, permanente ou simple, por razóns de enfermidade moi grave. Cal é a duración desta redución de xornada? A redución é de ata o 50 % da xornada laboral e durante o prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata unha duración máxima de dous meses. Se houbese máis dun titular deste dereito, poderíase ratear entre eles esta redución da xornada? Si, respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, se é o caso, de dous meses. O persoal funcionario docente terá dereito a unha redución de xornada por garda legal? Si, coa redución proporcional das retribucións. A redución será dun medio ou dun terzo da xornada laboral, nos supostos recollidos no artigo 32.1 da Orde do 29 de xaneiro de 2016. O persoal funcionario docente ten dereito a unha redución de xornada de traballo sen unha causa que a xustifique? Si. Ten dereito a unha redución de xornada por interese particular. Deberá ser unha redución de media xornada e coa diminución proporcional das súas retribucións.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=