Manual do profesorado galego

10 En que consiste a proba? Hai unha proba práctica? No corpo de mestres, nunha exposición oral dun tema elixido entre tres. Nos restantes corpos, na exposición dun tema elixido polo persoal aspirante de entre os extraídos ao chou polo tribunal, proporcional ao número total de temas do temario de cada especialidade atendendo aos seguintes criterios: a) Naquelas especialidades que teñan un número superior a 25 temas e inferior a 51, deberá elixirse entre catro temas. b) Naquelas especialidades que teñan un número superior a 50 temas, deberá elixirse entre cinco temas. Para todos os corpos, o Real decreto 276/2007 establece que “para aquelas especialida- des nas que así se determine, a proba poderá incorporar contidos de carácter práctico”. Como se cualificará a proba? Nos artigos 53 e 54 do Real decreto 276/2007, establécese que “a valoración da proba será de apto ou non apto e obterán a nova especialidade unicamente os que fosen cualificados con apto”. Deberase realizar unha fase de prácticas? Non. O persoal docente que acadase unha nova especialidade por este procedemento terá dereito a adscribirse a unha vacante desta especialidade no seu centro de destino definitivo? Si, pero só o persoal funcionario dos corpos de catedráticos de ensino secundario, pro- fesores de ensinanza secundaria e os profesores técnicos de formación profesional, de acordo co establecido no artigo 16.1.d) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro. Unha vez obtido o novo posto, só se poderá exercer este dereito con ocasión da adquisición doutra nova especialidade. O persoal docente que acabe de adquirir unha nova especialidade poderá participar no concurso de traslados simultaneamente por todas as especialidades que posúa? Si. Todo o persoal docente que posúa máis dunha especialidade, se participa volunta- riamente, poderá optar por participar por unha, varias ou por todas as especialidades nunha única solicitude. No caso de ter que participar obrigatoriamente no concurso de traslados tamén será obrigatorio que participe por todas, incluída a que acaba de adquirir.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=